Os produtores non deben pagar a supertaxa a Leite Celta, segundo o SLG

Os produtores non deben pagar a supertaxa a Leite Celta, segundo o SLG

08 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Sindicato Labrego Galego (SLG) informa de que os gandeiros non teñen a obriga de pagar a “supertaxa” esixida por Leite Celta. Segundo o sindicato agrario, o “único grupo de produtores que si teñen que pagar cantidades a Leite Celta son aqueles que na campaña 1995/1996 non tiñan asignada cota ningunha ou aquelas persoas que fixeran cesións temporais de cota relativas á campaña 95/96”.

O SLG considera “escandalosa” a actitude de Leite Celta, xa que “obvia a situación extraordinariamente delicada na que se atopa o sector” e “mesmo se atreve a apoiarse na súa propia irresponsabilidade e descoñecemento para esixir un importe que en absoluto debe e, polo tanto, non será pagado polos produtores de leite que lle subministran o produto”.


Desde o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) se informou a esta organización agrogandeira de que Leite Celta debe reclamar as cantidades que constan na liquidación definitiva do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ao Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e non aos produtores.

Sociedade