Os profesionais sanitarios galegos sofren ao redor de 200 agresións ao ano

Os profesionais sanitarios galegos sofren ao redor de 200 agresións ao ano

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O persoal sanitario alerta de que está a medrar o número de agresións que sofren a mans dos pacientes e os seus familiares. Un 64% dos médicos españois padeceron ameazas ou insultos e un 11% decláranse vítimas de ataques físicos, segundo os datos dun estudo que acaba de facer público a Universidade de Zaragoza. En Galicia os sindicatos quéixanse da ausencia dun rexistro oficial e sistemático arredor desta problemática, pe

A situación chegou a un punto “escandalizante”, segundo a secretaria xeral en Galicia do Sindicato de Enfermería SATSE, Carmen García Rivas. Asegurou nos micrófonos de Radiofusión que o incremento dos ataques, verbais ou físicos, resulta cada vez máis patente, sobre todo nos Puntos de Atención Continuada, as Urxencias e a asistencia domiciliaria. Na súas palabras, García Rivas quixo deixar claro que os profesionais sanitarios entenden o estado de ansiedade propio dun paciente, pero que a violencia chega normalmente a mans dos seus familiares.

As mulleres son as principais vítimas destas agresións porque, segundo a secretaria xeral do Sindicato de Enfermería, “no entorno laboral se reflicte a realidade social”. Así as cousas, os profesionais sanitarios demandan á administración “medidas urxentes” para mellorar a atención no sistema de saúde e, consecuentemente, paliar este problema. Entre esas peticións, atópanse as de axilizar as consultas, mellorar as zonas habilitadas para as esperas ou promover unha maior humanización no trato ao paciente. Desde SATSE tamén solicitan “paciencia” á cidadanía. “Non somos responsables das disfuncións do sistema”, asegura Carmen García Rivas.

Sociedade