ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai productos frescos de cercania na tenda A Lela de Fene onde se incrementa a seguridade para os clientes.
“O venres e o sábado foi algo inusual” afirma Emilio Cortés, ao frente da súa tenda de productos frescos “A Lela” ubicada na rúa Travesa nº 1 de Fene. Agotáronse todos os productos frescos. As verduras dos proveedores locais chegan ben pero as legumes escasean porque se retrasa o transporte que ven da Coruña ou de Madrid, afirma este xove emprendedor fenés.
Por suposto, desde hoxe Emilio incrementou as medidas de seguridade, limpando con alcohol as superficies e as moedas, utilizando guantes e mantendo a distancia cos clientes. Dase a circunstancia de que Emilio é asmático e por iso tamén utiliza mascarilla.
A Lela abríu as súas portas hai un mes, o 16 de xaneiro, coa ilusión de encaixar no mercado local de Fene. Nunca pensou o seu propietario verse nesta situación tan fora do común.
Así vive o coronavirus un tendeiro local.
Publica o teu comentario agora