Os reis do entroido de Vilalba xa poden optar ao seu trono

Os reis do entroido de Vilalba xa poden optar ao seu trono

29 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Ademais da vestimenta, o xurado tamén terá  en conta se os participantes levan ou non música. Todos os que queiran estar incluídos no certame deberán desfilar, obrigatoriamente, o martes de entroido, a partir das 17.30 horas polas principais rúas da vila.

 

Os premios serán outorgados segundo o criterio do Xurado, tendo en conta a orixinalidade e a representación que se faga con motivo do Entroido. A contía dos mesmos será de 850 euros para os mellores na modalidade de grupo escénico ou charanga, sendo de 650 para os segundos e 450 para os terceiros. Haberá tamén un accésit de 120 euros.

 

A Modalidade individual terá un 1º premio de 120 euros, un 2º de 90 euros e un 3º de 50 euros. En canto aos adultos por parellas, o gañador farase con 200 euros, o segundo con 150 e o terceiro con 90. En canto aos cativos, os de 0-10 anos recibirán un vale de 35 euros, para o 1º, de 25, para o 2º e de 15 para o 3º. Xa os de 11 a 15 anos recibirán 50 euros o gañador, 30 o segundo e 20 o terceiro.

Sociedade