Os Reis Magos buscan paxes

Os Reis Magos buscan paxes
28 de Decembro, 2018 - 11:52 h. | Publicada por Radio Fene

As súas Maxestades os Reis Magos de Oriente están a reclutar paxes reais en Fene para que os acompañen no seu percorrido
polo municipio. Así, convidan a todos os nenos e nenas de entre 6 e 12 anos a participar na Cabalgata que organiza o Concello, a través da Concellería de Cultura. Para iso, deben anotarse no Rexistro Xeral da casa consistorial de Fene e o prazo remata o 4 de xaneiro ás 12 horas.
 

Os Reis Magos visitaron en 2017 a escola infantil As Roladas de San Sadurniño

A Cabalgata de Reis celebrarase o sábado 5 de xaneiro. Partirá ás 18 horas de Perlío (fronte Aguilar) para percorrer a Avenida Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avenida Naturais de Fene rematando na Praza do Concello onde o alcalde dará a benvida ás Súas Maxestades de Oriente. De seguido, terá lugar unha Festa infantil na carpa situada na Praza do Concello.

Sociedade

Publica o teu comentario agora