Os Reis Magos deixarán en Ferrol a música do cantautor Javier Krahe

Os Reis Magos deixarán en Ferrol a música do cantautor Javier Krahe

29 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Actuou en Ferrol no pasado mes de maio. O día despois dos Reis Magos, Javier Krahe cantará no Teatro Jofre. O concerto terá lugar o xoves dia 7 ás oito e media da tarde. A entrada única ascende a 10 euros.

Javier Krahe continúa a ser un punto de referencia para artistas das novas xeracións e para os incondicionais da canción de autor. A súa vena humorística, irónica e sarcástica engancha co público dende aquel lonxano 1967, cando se foi vivir a Paris, onde comezou a escribir as súas primeiras cancións. George Brassens e Leonard Cohen marcarán a súa cultura musical. En 1981 gravou o disco La Mandrágora, xunto a Joaquín Sabina e Alberto Pérez. Dende entón non parou de actuar en salas, teatros e cafés, onde as letras das súas cancións foron reivindicadas por varias xeracións.

Sociedade