Os relatos da condena

Os relatos da condena
07 de Novembro, 2020 - 10:13 h. | Publicada por Radio Burela

Galiza e Grañas do Sor están no substrato, na base da maior parte dos relatos de Lino Novás Calvo para o profesor Bernardo Penabade. "Aparecen tanto os 16 anos da súa infancia e adolescencia como a súa visita ao lugar de nacemento en 1931, pero tamén Lino como eu nacemos nun lugar adverso. Hoxe vivir aquí é un privilexio, pero daquela é unha condena, e os seus relatos, son os relatos da condena".

ESCOITA O PODCAST:
O profesor Bernardo Penabade diante da casa reitoral de Grañas do Sor

Lino logrou converterse nun escritor de referencia en Cuba e en España, foi tamén un xornalista excepcional e destacou como tradutor, encargándose da versión en español de "El viejo y el mar" de Hemmingway. "Nunca negou as súas orixes pero non foi dos emigrantes que esperaban ser recoñecidos nos seus lugares de procedencia. As feridas dunha difícil infancia e a súa condición de fillo de solteira marcaron a ferro as febras máis íntimas da súa personalidade" afirma o historiador Ramón Villares. "La primera lección" e "Un encuentro singular" son dous relatos claramente localizados en Grañas do Sor, segundo apunta o profesor Penabade, para quen no conto "Novás é máis plástico e menos barroco que no relato longo, onde se podería equiparar a Alejo Carpentier porque elabora unha literatura difícil para un público exixente".

Cultura

Publica o teu comentario agora