Os relatos de Alberto Núñez Feijóo

Os relatos de Alberto Núñez Feijóo

07 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Mesmo como se fose a pantasma do Nadal pasado, hai algún que o ven buscar de novo: é o caso do relato dos coches oficiais. O secretario de Estado de Asuntos Exteriores Gonzalo de Benito confirmou que Feijóo se serviu dun coche oficial da Embaixada española en Arxentina non para os seus actos institucionais durantes as visitas ao país americano como presidente dos galegos, senón para facer campaña electoral na emigración na condición de candi

Fáltalle relato. Ao Goberno. Declarouno onte en Madrid o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como querendo cobrar vinganza logo de que a cúpula do seu partido o deixase só para apañarse fronte a revelación das súas fotografías co narcotraficante Marcial Dorado, sen apenas apoios explícitos dos máis altos cargos do PP, xa non digamos do presidente Mariano Rajoy. Así que se xa antes se erixía en modelo fronte algúns comportamenteos do Executivo central en comparanza co galego, onte Feijóo permitiuse criticar directamente a política de comunicación da Administración Rajoy, declarando que un non se pode queixar de que os cidadáns o critiquen. Que o que ten que facer nese caso é explicarse ben. Con amigos así... O certo é que ao titular de San Caetano nos últimos tempos sóbralle algún que outro relato.

Sociedade