Os ruidos da construción dun barco

Os ruidos da construción dun barco

24 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

¿Como soa unha botadura? O lanzamento ao mar dun barco é un momento emotivo para todas as persoas que participaron na súa construción. E unha manobra que require dunha notable complexidade técnica, pero ao mesmo tempo ofrece unha glosa case épica, de todo o proceso que cubre desde a posta de quilla na grada do primeiro bloque ata a entrega do barco ao armador.

As fermosas imaxes, a forza e a beleza de todos os procesos da construción dun barco, moitas veces fai esquecer outra parte importante do patrimonio histórico industrial: os sons, o ruido en obradoiros, na grada e nos peiraos. Queremos despertar a imaxinación de xentes que participaron no esforzo de convertir unha fábrica, un estaleiro, nun lider europeo e mundial da construción naval. Son ruidos gravados en Astano en 1997. A maior parte deles pertencen á construción do artefacto NC 275.

Sociedade