Os símbolos franquistas resístense

Os símbolos franquistas resístense
01 de Xullo, 2020 - 09:55 h. | Publicada por Radio Fene

80 símbolos franquistas resisten nas rúas e prazas dos concellos de Ferrolterra. Manuel Monge ten rexistrados 46 só na cidade de Ferrol.

ESCOITA O PODCAST:

Aínda quedan moitos restos do franquismo en Ferrol e na comarca. 46 na cidade e 80 no resto de ferrolterra, segundo os estudos realizados polo escritor Manuel Monge. Estes residuos do golpe de estado e da distadura de Franco están recollidos no libro "Os restos do franquismo en Galicia” de Manuel Monge, editado por Laiovento e que o propio autor presentou esta semana na Fundaçom Artabria de Ferrol. Agarda o autor que pronto as corporacións locais aproben en pleno a retirada desas distinción que perviven aínda en forma de nomes de rúas, prazas e alamedas e sobretodo nos nomeamentos de fillos adoptivos. Afirma Monge que a pesar de térselles retirado placas das rúas, "nos concellos aínda perviven os nomeamentos de fillos adoptivos que deben ser retirados".

Con nomes e apelidos recita Manuel Monge os personaxes que manteñen os honores na cidade de Ferrol, nomes como os de José Mª González Llanos, Pablo Martín Alonso, Pedro Nieto Antúnez ou Juan Antonio Suánces que daba nome ao instituto e que aínda da nome á alameda. O caso de Juan Cardona, "un voluntario e entusiasta franquista", sigue dando nome ao hospital de Caranza. En Ferrol ocorre que  moitos nomes retirados das rúas, trasladáronse ao interior do Arsenal Militar onde resiste o seu recordo. Significativas son tamén as esculturas de Camilo Alonso Vega, a cruz dos caídos no interior da igrexa de San Francisco ou as placas dedicadas a Franco na Praza de España e na súa casa natal. "Son moitos os símbolos que permanecen nas nosas cidades e vilas". Manifesta Monge que alí onde vai chéganlle novas propostas de restos franquistas que lle achegan os vecinos.

 

(Na imaxe, Manuel Monge presentado por Eliseo Fernández en Artabria)

Cultura

Publica o teu comentario agora