Os servizos de cafetería e comedor do Fogar do Maior cambiarán de xestor

Os servizos de cafetería e comedor do Fogar do Maior cambiarán de xestor

16 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A xestión do servizo de cafetería e comedor do Fogar do Maior cambiará por renuncia do actual promotor. O Concello de Allariz está a estudar unha nova proposta para a súa xestión a través dalgunha entidade sen ánimo de lucro de carácter social que poda atender este servizo mediante un convenio que permita aproveitar a potencialidade do espazo e o servizo

 

Transitoriamente o Concello farase cargo do servizo, mantendo abertas as instalacións cos servizos de cafetería e comedor para aqueles usuarios/as que fan uso do mesmo de xeito regular.

O convenio que se está a estudar permitirá potenciar a oferta de actividades nestas instalacións para continuar coa visión das instalacións como un punto de referencia para tódalas persoas maiores do concello.

Sociedade