ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As centrais agrarias Xóvenes Agricultores (X.X.A.A.) e Sindicato Labrego Galego (S.L.G.) esixen medidas urxentes do goberno central para buscar unha solución á crise que está atravesando actualmente o sector agrogandeiro. O problema pola falta de recollida de leite en Galicia, que afecta a concellos chairegos como Outeiro ou Castro de Rei, debe ser, segundo estes representantes do campo, tratado pola Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, E
X.X.A.A., de acordo coa Interprofesional Láctea (INLAC), solicitará unha reunión urxente coa ministra para buscar financiamento dun plan de choque para o sector, ademais de forzar unha posición de defensa nunha xuntanza ante a Comisión Europea que se celebre a fin de mes. Un dos obxectivos perseguidos con esta última acción é que Espinosa faga forza e poida influír para que se teña en conta o contido do plan estratéxico que se está a pactar entre produtores e industrias para tentar salvar o sector.
Ao problema da desaparición da cota láctea en 2015 hai que sumarlle as, segundo XXAA e SLG, ameazas das industrias de non recoller o leite. Para Lupe Prado, responsable do SLG, “a situación é crítica” polo prezo á baixa do leite e a “estratexia da industria para baixalos mais, amarrarnos aos contratos que non reflicten ningún tipo de prezo asentable, senón que poñen o prezo que lles ven en gana”. Para Prado os contratos que están a ser presentados son unha “imposición” e “unha estratexia para amedrentarnos e seguir facendo o que queren co sector”.
Para tentar buscar unha solución e unha acción conxunta que determine a liña a seguir por parte das centrais agrarias, os representantes sindicais do campo galego, SLG, XXAA e Unións Agrarias, reuniranse esta mesma semana para adoptar posturas consensuadas entre as que se incluirán todo tipo de medidas de presión perante as diferentes administracións e industrias lácteas.