Os sindicatos alertan do colapso do mercado agrario antes da marcha en Madrid

Os sindicatos alertan do colapso do mercado agrario antes da marcha en Madrid

20 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A maior crise da historia do sector agrario. Os traballadores do campo láianse do colapso do seu medio de vida e aventuran a desaparición da industria que fornece boa parte da nosa alimentación se as institucións non regulan o comercio. Marxes abusivas por parte dos intermediarios, falla de axudas e precariedade son algúns dos problemas para os que esixen unha solución por parte da Administración. Denúnciano mediante dúas xornadas de paro, que c

Todos os sectores están en crise: do lácteo ao dos cereais, do vinícola ao das froitas. Así o afirman as organizacións agrarias que esixirán axuda do Goberno para mellorar a rendibilidade das súas explotacións mediante unha marcha que partirá da praza da Cibeles, na capital do Estado, ás once e media da mañá deste sábado. A caída do mercado, con prezos afundidos dos produtos agrarios en contraposición a uns custos de produción disparados, está no cerne do problema. Preto de 125.000 empregos destruíronse no agro durante o pasado lustro, no que a renda dos traballadores dos sector minguou un 25 por cento, segundo os datos do Ministerio do Medio Rural. A titular desta carteira, Elena Espinosa, declaraba nesta xornada que o seu departamento segue a traballar como sempre para solucionar a precariedade que padecen os produtores, mais desbotou referirse á manifestación convocada para mañá.

Durante a primeira das dúas xornadas de paro dos traballadores do agro, o seguimento da folga foi do 90 por cento no sector lácteo de Galicia. Así o contabilizou a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, quen salientou a falla de incidentes. Así, segundo o seu xerente, Higinio Mougán, “non se tirou ningún litro de leite” e as industrias puideron recoller o leite de maneira normal cunha lixeira modificación das súas previsións. Os sindicatos do campo tamén salientaron que en gran medida os comerciantes autónomos secundaron as queixas dos produtores e pecharon de maneira simbólica os seus establecementos durante un par de horas este mediodía.

Sociedade