Os sindicatos denuncian presións patronais para que os traballadores do comercio de alimentación non vaian á folga

Os sindicatos denuncian presións patronais para que os traballadores do comercio de alimentación non vaian á folga

23 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Actos reivindicativos en Narón, Betanzos e Poio deron o pistoletazo de saída a unha semana de mobilizacións no sector do comercio de alimentación das provincias da Coruña e Pontevedra. Patronal e sindicatos levan negociando o convenio colectivo desde hai case un ano, pero as posturas mantéñense distantes en varios puntos, tales como os salarios, os horarios ou o pagamento das horas extras. Ante esta situación CIG, CC OO e UGT convocaron para o venres u

Os empresarios propoñen unha suba salarial do 1%, unha cantidade que os representantes dos traballadores cualifican de “inaceptable”. Álvaro Cajigal, da UGT, explicou en Radiofusiòn que reclaman un aumento de 55 euros para soldos que oscilan entre os 700 e 800 euros. Tampouco se poñen de acordo verbo dos horarios. Os sindicatos denuncian que en moitos centros se realizan “xornadas laborais abusivas” e non se pagan as horas extras, mais a patronal rexeitou a proposta de instalar sistemas de control de entrada e saída que permitan contabilizar o tempo de traballo. A actual crise económica non lle parece a Álvaro Cajigal suficiente razón para non mellorar as condicións dos empregados do sector. Asegura que as cadeas de alimentación non se atopan especialmente afectadas pola baixada do consumo, xa que os seus produtos continúan a ser de primeira necesidade.

Máis de 30.000 traballadores, de preto de 2.200 empresas, están chamados á folga este venres día 27. Os sindicatos alertan de que algunhas compañías presionan os traballadores para que non secunden as protestas. Cajigal asegurou en Radiofusiòn que en algúns casos mesmo se está ameazando con despidos, algo que xa puxeron en coñecemento dos servizos xurídicos das centrais.

Sociedade