Os sindicatos do ensino topan cun muro na negociación do decreto

Os sindicatos do ensino topan cun muro na negociación do decreto

25 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Seis non falan se catro non queren. Os sindicatos UXT, Comisións Obreiras, CIG e STEG abandonaron a Mesa Sectorial de Educación convocada nesta xornada para negociar o anteproxecto do decreto do plurilingüismo no ensino. O motivo da renuncia dos representantes das catro organizacións foi “postura antinegociadora” da Xunta, que, segundo denunciaron, en ningún momento formulou a posibilidade de ter en conta as achegas ao texto dos voceiros do profesorado. Tan s&oac

As posturas entre a maioría dos portavoces dos traballadores do sistema educativo e a Administración non poden estar máis afastadas. Os principais sindicatos teiman en que a actual redacción do decreto é contraria ao deber da Xunta, fixado no Estatuto de Autonomía, de promover o uso do idioma galego. Ademais, cualificaron a xuntaza desta mañá de “farsa”, xa que o documento foi remitido onte ao Consello Escolar de Galicia sen agardar a incorporar “posibles cambios” resultantes da negociación cos sindicatos. O voceiro de CIG.Ensino, Anxo Louzao, non desbotou a posibilidade de convocar unha segunda folga xeral no ensino en resposta á “involución” orquestrada pola Xunta contra o idioma. Cualificou a xornada como “día negro para o galego”.

O voceiro de ANPE, Julio Díaz, que permaneceu na Mesa Sectorial, defendeu a negociación coa Xunta como unha saída útil. Declarou que a súa organización está “satisfeita” co equilibrio lingüístico que promove o texto e que tentará que Educación modifique os aspectos que menos convencen ao profesorado, como a consulta aos pais sobre o idioma das materias, ou a liberdade para que os alumnos se expresen na aula no idioma que queiran. Díaz coida que non hai que deixar de negociar “nunca”.

Sociedade