Os socialistas denuncian que a campaña local do PPdeG está baixo a sombra do Gürtel

Os socialistas denuncian que a campaña local do PPdeG está baixo a sombra do Gürtel

07 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

“Antes por Galicia, agora pola túa cidade” é o lema do PPdeG para a campaña dos comicios municipais de 2011. Antes co Gürtel, e agora tamén co Gürtel, alerta o PSdeG, que vai transmitir á Fiscalía a información que posúe sobre a contratación da propaganda electoral por parte dos populares á empresa Swat, vinculada coa presunta trama de corrupción e financiamento ilícito da forza conservadora, que est&aa

“Durante 17 anos, o PP galego traballou con empresas relacionadas co Gürtel, ben con Special Events, ben con Swat”. A acusación pronunciouna o secretario de Organización dos socialistas galegos, Pablo García, antes de revelar que agora o partido que sostén a Xunta “non só non explica as vinculacións do pasado coa trama senón que as mantén e as consolida”.

A compañía Swat vén sendo responsable da propaganda e as estratexias electorais do Partido Popular dende hai varias campañas. Segundo o PSdeG, a empresa á que se relaciona co Gürtel traballou para José María Aznar no ano 2000 e ao ano seguinte para Manuel Fraga nos comicios autonómicos galego. Foi daquela cando dous dos principais sospeitosos da rede corrupta, Álvaro Pérez “o Bigotes” e Francisco Correa, lle terían reclamado a Fraga o pagamento dunha débeda contraida con outra empresa da trama, Special Events, por campañas desenvolvidas dende 1993, asegura Pablo García.

O número dous socialista engadiu que, máis recentemente, Swat “xestiounou o proceso polo cal o Goberno de Esperanza Aguirre en Madrid pagou máis de tres millóns de euros en campañas de publicidade que non chegaron a realizarse, nas municipais de 2007”, e tamén foi responsable da estratexia política de Alberto Núñez Feijóo en 2009.

O PsdeG xa trasladara á Fiscalía unha lista cos nomes dos membros da directiva do Partido Popular de Galicia cando Pablo Crespo, outro dos sospeitosos do Gürtel, era secretario de Organización dos conservadores. Agora vai dar traslado das relacións dos populares  galegos con Swat, ao entender que poden constituír unha proba das conexións da trama corrupta na nosa Comunidade.

Institucional