Os socialistas e Podemos achegan posturas

Os socialistas e Podemos achegan posturas

08 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O PSOE e Podemos estarían moi perto de asinar un acordo para conformar a mesa do Congreso dos Deputados. O entendemento incluie a presidencia da Cámara para un membro do grupo socialista e a formación de grupos parlamentares para as coalicións coas que se presentou Podemos en Galicia, Catalunya e Valencia. Para a constitución dunha maioria parlamentar que investise a Pedro Sánchez como presidente do goberno, o acordo requeriría ademais do voto afirmativo do P

Segundo informa Galicia Confidencial, os representantes do PSOE aceptarían a formación de catro grupos: Podemos, En Marea (Galicia), En Comú Podem (Cataluña) y Compromís-Podem (Comunidad Valenciana). Agora ben, a decisión final depende do Comité Federal dese partido, que se debe reunir antes do día 13, cando se constitúen formalmente as Cortes. Mercedes Zaragüeta en OKdiario cita fontes do PSOE para confirmar o preacordo, e asegura que o presidente da Cámara Baixa será socialista.
 
Se cadra porque só e un principio de acordo -que depende en parte tamén da complexa negociación para formar goberno-, nin as fontes oficiais de ANOVA -un dos partidos de En Marea- nin as de Podemos confirmaron, consultadas por GC, o pacto. Agora ben, tampouco o negaron. Os nacionalistas galegos, que din estar ao tanto das conversas, indicaron que non van facer valoracións até o día 13. Os seus deputados toman hoxe posesión das súas actas en Madrid.
 
Hai que ter en conta que o principio de pacto PSOE+Podemos debe sumar máis socios para saír adiante. Tanto PP como Ciudadanos xa se pronunciaron en contra. “Sería inxusto para os españois pagar do seu peto que alguén poidese ter máis turnos de palabra ou máis diñeiro que lle corresponde”, declarou onte Albert Rivera.
 
Un dos posíbeis socios no acordo -que negocian a galega Carolina Bescansa de Podemos e o socialista Antonio Hernando- podería ser Democracia i Llibertat. A coalición política catalá na que participa CDC mostrouse aberta a un pacto co PSOE para constituír unha Mesa o máis plural posíbel. Interésalles, porque seguindo ao pé da letra o regulamento do Congreso, eles tampouco teñen dereito a grupo parlamentar, ao non sumar o 15% por Barcelona.
 
Sería esta Mesa do Congreso formada por múltiples partidos e presidida polo PSOE a encargada de interpretar o regulamento do Congreso para formar grupos parlamentarios. Se na súa composición o PSOE logra que PP e Ciudadanos non teñan maioría de bloqueo, os outros grupos poderían dar luz verde aos catro grupos relacionados con Podemos, pois o Tribunal Constitucional fallou en varias ocasións que é o propio poder Lexislativo quen ten que interpretar as súas normas.
 
O regulamento establece que “en ningún caso pueden constituir Grupo Parlamentario separado Diputados que pertenezcan a un mismo partido”. Na candidatura de En Marea hai deputados, como Antón Gómez Reino, que pertencen a Podemos, ainda que se presentou ás eleccións por outra formación política.  As negociacións buscan como esquivar esta barreira, que PP e Ciudadanos poderían explotar nos tribunais.
 
Pola súa banda Podemos confirmou de novo o seu compromiso cos grupos parlamentares autonómicos. Fíxoo no comunicado oficial tras finalizar a rolda de reunións de Pablo Iglesias con En Comú Podem, Esquerra Unida i Alternativa, Esquerda Unida, Anova, Compromís, Equo e Iniciativa per Catalunya Verds.
 
Iglesias di que lles transmitiu a urxencia de aprobación xa a Ley 25 de Emergencia Social. A tramitación desta Lei e a propia configuración dos grupos parlamentares evidenciará se o PSOE e Podemos logran manterse unidos e sumar outros partidos para abrir a porta a un cambio de Goberno, que impida a convocatoria dunhas novas eleccións xerais.

Sociedade