ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os membros galegos do Comité Federal do PSOE ausentáronse da votación da lista única de candidatos ás cidades de máis de 50.000 habitantes para expresar o seu rexeitamento "rotundo" ao transfuguismo, ao ratificar o máximo órgano do partido entre congresos ao alcalde de Benidorm, o ex socialista Agustín Navarro. Segundo informaron fontes do PSdeG, os socialistas galegos tomaron esta decisión -en lugar de votar en contra- para evi
A lista de candidatos ás grandes cidades é única, polo que os dirixentes galegos do PSOE debían decidir entre esta "especie de abstención" ou votar a favor da totalidade dos números 1, o que implicaría dar o seu apoio a Navarro, declarado tránsfuga polo Pacto Antitransfuguismo. "O tema do transfuguismo non é menor para o PSdeG", subliñaron as mesmas fontes, en alusión á actitude que mantén a formación en Galicia de "absoluta desconformidade" respecto deste tipo de comportamentos. O Comité Federal do PSOE aprobou unha resolución pola que renova case o 47 por cento dos seus candidatos ás alcaldías de cidades de máis de 50.000 habitantes, mentres que a porcentaxe de renovación para comunidades e cidades autónomas alcanza o 69,23 por cento.