Os socialistas lucenses anuncian retrasos no desenrolo dos PEIM, que solo se están a levar a cabo en Castro de Rei e Castroverde

Os socialistas lucenses anuncian retrasos no desenrolo dos PEIM, que solo se están a levar a cabo en Castro de Rei e Castroverde

29 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Castro de Rei é un dos dous municipios na provincia de Lugo, xunto con Castroverde, que puxo en marcha as actuacións solicitadas conforme ao Plan Estatal de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM), segundo denunciaron hoxe os representantes socialistas Juan José Díaz Valiño e Sonia Verdes.

Valiño e Verdes denunciaron que os proxectos de mellora dos camiños de rural que se levan a cabo estes gracias a estes convenios, asinados co Ministerio de Agricultura e Medio Rural e Mariño (MARM) e a Consellería de Medio Rural, tan só se levan a cabo “en localidades gobernadas polo PP, ou naquelas onde teñen intereses e onde pretenden obter réditos políticos”. Segundo os dous socialistas, “nos concellos gobernados polo PSdeG ou por coalicións non hai ningunha obra iniciada, salvo as dúas excepcións mencionadas”.

Por iso, desde a executiva provincial do PSdeG-PSOE de Lugo acusan ao Partido Popular de “utilizar cartos públicos, procedentes do Ministerio de Medio Ambiente en beneficio de concellos da súa cor política”.

A parlamentaria vilalbesa informou das queixas dos alcaldes socialistas por este motivo e anunciou que varios dos concellos gobernados polo PSOE poderían “ter que pechar camiños ao tráfico debido as súa malas condicións e ao empeoramento do seu estado despois do cru inverno”.

Así, desde a Executiva lucense urxen á Xunta a comezar as obras do PEIM, “consideradas todas elas de primeira necesidade”, e lémbranlle a Feijóo que “o Ministerio de Medio Ambiente xa transferiu os cartos que lle correspondía aportar, que supoñen máis da metade do total (5,6 millóns do PEIM/ 6,5 dos proxectos de aplicación da Lei Desenvolvemento Rural Sostible)”.

Por último, a tamén parlamentaria autonómica incidiu en que “esta deixadez traerá consecuencias inmediatas, pois se a Xunta de Galicia non asume o compromiso do 2009 para o desenvolvemento do PEIM, malamente e dificilmente o MARM poderá asinar un convenio para o ano 2010 coa consellería de Medio Rural, porque llo impide a Lei de subvencións”..

Proxectos piloto da Lei de Desenvolvemento Rural

Ámbolos dous representantes tamén falaron dos proxectos piloto de aplicación da Lei de desenvolvemento Rural sostible. Sonia Verdes adiantou que non os haberá en 2010. Se fixeron en 2008 en 6 CCAA cun investimento de máis de 41 millóns de euros e en 2009 con 97 millóns de euros en 12 CCAA.

“Neste ano non haberá proxectos piloto e a Xunta non está facendo os deberes por intereses partidistas e porque non quere por enriba da mesa os cartos que lle corresponden. A Xunta debería de estar elaborando en coordinación cos gobernos locais plans de zona nos concellos, onde se aplicará esta Lei, referidos a emprego, medio ambiente, implantación de industrias agroalimentarias, educación, servizos sociais. Por tanto se esta tarefa non se pon en marcha, se non se presentan proxectos diante do MARM Galicia podería perder os 17 millóns que lle poderían corresponder para este cometido, por parte do Estado”, subliñou a parlamentaria chairega.

Sociedade