Os socios do Instituto de Estudos Chairegos visitan a Ribeira Sacra

Os socios do Instituto de Estudos Chairegos visitan a Ribeira Sacra

02 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Preto de 40 persoas participaron onte nunha viaxe organizada polo Instituto de Estudos Chairegos e a Diputación de Lugo, a través do seu programa de Km 0. Foi un día marcado pola xuntanza, as visitas culturais e o disfrute da natureza.

O punto de partida da andaina tivo lugar na cidade das murallas, onde os excursionistas visitaron o edificio da Diputación para despois facer unha parada no Centro de Producción e Programas, dependende da Fundación TIC, onde tomaron contacto co mundo da producción e realización audiovisual.

O punto e final do día marcouno o entorno natural da Ribeira Sacra. Alí poideron participar nunha cata de viños que tivo lugar nunha das moitas adegas que hai pola zona, así como recibir explicacións referidas ós cultivos.

A media tarde, en Sober, acudiron a unha igrexa románica situada na parroquia de Proendas. E para rematar con bo sabor de boca achegáronse a un dos miradores da localidade para disfrutar das vistas que ofrece o paraíso da Ribeira Sacra bañado polo río Sil.

A partir deste fin de semana e ata setembro todos os que queiran van poder disfrutar dos Cañóns do Sil para practicar diversos deportes de aventura. É unha iniciativa que promove a Diputación de Lugo e que xorde como alternativa de ocio e turismo despois do vaciado do río levado a cabo pola empresa Iberdrola durante o pasado mes de abril.

Sociedade