Os sons brasileiros de Fred Martins

Os sons brasileiros de Fred Martins

18 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cantautor brasileiro, Fred Martins, actúa esta noite no Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol A Coruña) dentro do ciclo “Novas noites”. Gañador no 2006 do noveno Premio Visa de Música Brasileira, Martins ten unha traxectoria singular na música do Brasil.

Dono dunha creatividade e ritmos bastantes particulares, o fluminense disputou o lado de nomes de coñecidos da música popular brasileira, como Joao Donato e Andrés Abujamra e conquistou o voto popular concedido polo público presente no Tom Brasil, en San Paulo. Na actualidade as súas cancións grávanse por grandes intérpretes do seu país como María Rita, Ney Matogrosso ou Zélia Duncan. 

O concerto de Fred Martins esta noite ás dez no Centro Cultural Torrente Ballester. A entrada custa 5 euros.

Sociedade