Os sucesos de Cervás

Os sucesos de Cervás
21 de Decembro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os sucesos de Cervás. A proximidade do mosteiro de Montefaro e o cuartel alí instalado proporcionou vida a esta parroquia de Ares. Arredor de mil soldados chegaron a facer a instrución nesas instalacións. Iso dinamizou a economía de Cervás. Pero tamén xenerou conflitos.

O convento de Montefaro albergou o cuartel de Artillería

O domingo vinteoito de xullo de 1901 celebrábase un baile en Cervás. Un grupo de militares encabezados polo cabo de Artillería Bienvenido Rodriguez emprenderon a tiros cos asistentes causándolle a morte ao veciño Juan Ameijeiras e ferindo de gravidade a varias persoas. Ao dia seguinte, máis de oitocentos de veciños de Cervás foron en manifestación ata Ares e lle entregaron ao alcalde un escrito solicitando a intervención do capitán xeneral. Acusaban de tolo ao cabo, que efectivamente foi ingresado no Hospital Militar. En 1902 o cabo foi condenado a vinte anos de presidio por homicidio. En xaneiro de 1906 de novo houbo incidentes entre militares e paisanos en Cervás que rematan a tiros e con feridos. O Exercito utilizou como cuartel o convento de Montefaro durante máis de cen anos, entre 1897 e o ano 2000.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora