Os supermercados abertos pese á folga

Os supermercados abertos pese á folga

27 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A práctica totalidade  dos establecimentos de alimentacion de Ferrol, que hoxe estaban convocados a unha xornada de folga de 24 horas, abriron as súas portas con normalidade. Somentes o supermercado Lidl do polígono da Gándara non abriu hoxe porque todo o seu plantel secundou o paro.

A xornada de folga comenzo ás cinco e cuarto desta madrugada nas instalacións da cadea alemana Lidl de Río do Pozo. Arredor dun cento de traballadores concentráronse durante catro horas diante dos muelles de carga para impedir que os transportistas puidesen cargar a mercancía.Unha acción similar desenvolveuse no polígono de Piadela en Betanzos diante da central de Gadisa.

Posteriormente trasladáronse á Praza do Inferniño para repetir as protestas diante do supermercado Gadis do Centro Comercial Porta Nova, que abríu ó público á hora habitual, custodiados por unha patrulla da policía nacional.
Os folguistas entraron no establecemento e comenzaron a percorrer os pasillos facendo unha compra ficticia, que logo deixarían abandoada, e instando ós compañeiros a sumarse á folga. Os piquetes van percorrer durante todo o día os supermercados ferroláns nos que o personal non está a secundar a folga.

Esta mañá funcionaban con normalidade a tenda de conxelados da cadea Hiperxel da Estrada de Castela, os supermercados da cadea Froiz e Gadis da Praza de Ultramar, Avenida de Esteiro e Praza de San Amaro e do mesmo xeito as tendas que estas empresas teñen no barrio de Caranza.
A xornada de folga implica a un colectivo no que traballan arredor de 17.000 persoas en toda a provincia da Coruña, e arredor de 4.000 en Ferrolterra.

Sociedade