Os tabús da mente

Os tabús da mente
30 de Decembro, 2020 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

Case todos recordamos o accidente aéreo do avión uruguaio nos Andes en 1972. Ao non atopar os restos do avión os equipos suspenderon as tarefas de búsqueda e os supervivintes tiveron que optar por comer aos pasaxeiros que morreran no accidente. Despois de facer memoria deste terrible feito a pregunta é por qué segue a ser un tema tan controvertido?

ESCOITA O PODCAST:

O psicólogo José Barcia considerá que é “porque nos fai poñernos no lugar de aqueles que sufriron o accidente”. Hai que ter en conta que é un tema que non afécta só a ética individual, senón tamén á moralidade, a espiritualidade ou ás creencias relixiosas. Pero ademáis de todo isto tamén é un tema tabú: o canibalismo.

É algo impensable para case todas as sociedades do mundo máis en situacións extremas é “aceptable”, coma no caso dos Andes onde non tiñan outra salida. Aquí está a cuestión clave que, en palabras de Barcia é “que todo se pode rebatir”.

Aquí o canibalismo deuse por mera supervivencia, como xa pasou a longo da historia en grandes fames onde non tivo tantas criticas. En certas rexións de África ou América o sucedido nos Andes foi algo completamente lóxico xa que non houbo asasinatos e foi para que, os que aínda tiñan posibilidades, mantiveran a vida.

Onde crecemos ou con quen fai que o noso pensamento crítico sexa dunha ou doutra maneira. O lugar no que desenvolvemos a nosa vida vai condicionar practicamente toda a nosa personalidade, por iso o canibalismo que aquí é “tabú” non ten porqué selo noutras culturas. Hai moitas cuestións culturais que aquí son inaceptabeis pero noutras latitudes están incluso normalizadas.

A complexidade da mente humana é moito maior do que pensamos e é totalmente dependente dos condicionantes externos. Verse nunha situación tan complicada como a dos Andes xera un dilema moral que non todos son capaces de resolver. Poderías ti? Animate cos retos que o psicólogo José Barcia deixou no podcast.

Sociedade

Publica o teu comentario agora