Os taxis póñense ao dia

As novas tarifas aplicaranse aproximadamente dentro dun mes.
07 de Xaneiro, 2020 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

Os taxistas de Fene actualizarán as súas tarifas no prazo aproximado dun mes. As novas cantidades recibiron aprobación do Concello e agora precisan do visto bó da Xunta de Galicia. O colectivo amósase satisfeito coa subida necesaria das tarifas que é froito dun minucioso estudo a novel provincial. Agardan que sexan definitivas antes do mércores de cinza.

ESCOITA O PODCAST:

Os taxistas de Fene actualizarán as súas tarifas no prazo aproximado dun mes. As novas cantidades recibiron aprobación do Concello e agora precisan do visto bó da Xunta de Galicia. Os dias laborables cobraráse a baixada de bandeira a 3,85 euros e 1,07 por quilómetro percorrido. Sábados, domingos e polas noites custará 4,60 a baixada de bandeira e 1,28 o quilómetro percorrido. A ordenanza tamén se modifica para permitir a instalación de publicidade relativa a centrais de radio taxi no portón traseiro ou no módulo indicador situado no teito do vehículo. As novas tarifas entrarán en vigor cando se publiquen no Boletín Oficial da Provincia. Agardan que se proceda á súa aplicación a finais de febreiro, antes do mércores de cinza.

O vicepresidente da agrupación dos taxistas feneses, Álvaro Caaveiro, ve razonable esta actualización das tarifas que non é caprichosa, senón que ten detrás un estudo minucioso do mercado e faise acorde cos prezos do entorno. Son 16 as licencias de taxi en Fene, un número amplo para unha poboación cada vez máis raquítica, en palabras de Álvaro Caaveiro, quen de momento non ve competencia en Fene das novas empresas de vehículos de transporte con conductor, como Uber por exemplo. Afirma o taxista fenés que se ven pasar procedentes da Coruña pero, a nivel local, de momento non son competencia.

Os taxistas feneses ven con preocupación o momento económico que vive a comarca e que eles notan en propia carne. A súa gran esperanza é que veña traballo para Navantia, sentencia Caaveiro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora