Os temas de Jimi Hendrix tamén poden soar a flamenco “made in” Galicia

Os temas de Jimi Hendrix tamén poden soar a flamenco “made in” Galicia

25 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Desde 2007 U-lo Trío? explora instrumentalmente un repertorio musical de variada procedencia, adaptándoo ás formas rítmicas e harmónicas do flamenco. O resultado desa elucubración xa podemos escoitalo en formato disco no primeiro e homónimo álbum do trío formado por Marcos Teira, Xacobe Martínez e Pepe Sendón. Un traballo cun repertorio escollido d

U-lo Trío? foi gravado nun par de sesións na primavera do 2008, tocando xuntos na mesma sala e sen overdubbings, unha colección de temas rexistrados tal e como saíron no momento, sen retocar. Este primeiro disco, autoeditado e de edición limitada, pódese adquirir en formato físico nos seus concertos ou ben descargarse de balde desde o blog da banda.

Cultura