Os tixolos e os galegos

Os tixolos e os galegos

07 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os galegos escondemos os cartos debaixo do ladrillo? Temos un carácter escuro e pechado? As palabras do policia Serafín Castro sobre o carácter dos habitantes do Noroeste xenerou xa certa polémica. O comisario non falou da profisionalidade dos mandos policiais que tardaron 1 ano en dar co libro, a pesar de que o tiña escondido o principal sospeitoso, que se vía no video de hai un ano como saía da catedral cun vulto debaixo do brazo, tapado cunha gabardina.

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistou unha iniciativa parlamentar na Camara na que pide ao Goberno español explicacións polas xenófobas e racistas declaracions do Xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, Serafin Castro, sobre os galegos.

Este funcionario policial dixo, en relacion ao presunto autor do roubo do Códice Calixtino, que «é un home de carácter, pechado, oscuro e galego» e que acumulaba os cartos “debaixo do ladrillo, como todos os galegos».

    O policía dixo do presunto ladrón que gardaba os cartos «debaixo dos ladrillos, como todos os galegos»

Jorquera considera que este tipo de declaracions non se deben permitir nun funcionario do Estado que debe amosar respecto e debe evitar afirmacións que ridiculicen ou se burlen dun pobo ou de determinadas persoas.

Considera o portavoz do BNG que o Ministerio de Interior debe reprender este tipo de actitudes en funcionarios do corpo policial e evitar que se repitan. «A manifestacion de prexuízos e estereotipos non deben estar en boca de funcionarios que desempeñen funcións de carácter público”.

Sociedade