Os traballadores de Tecnymo demandan a conversión dos seus contratos en indefinidos

Os traballadores de Tecnymo demandan a conversión dos seus contratos en indefinidos

17 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os 150 operarios da empresa Tecnymo, que traballan en Navantia Ferrol, concentráronse esta mediodía na porta principal do estaleiro en demanda da transformación dos contratos eventuais en indefinidos. O comité de empresa quere regularizar esta situación polo que levan tempo reivindicando á dirección a conversión dos contratos. Ante a falla de resultados, iniciaron hoxe unha folga desde as 11:30 da mañá até a

Desde o comité de empresa de Tecnymo laiánse dos abusos de contratación eventual, que cualifican de “fraudulenta”. Segundo o seu presidente, Andrés Alonso, posúen contratos de fin de obra que afectan a máis de 40 empregados que levan máis de 10 anos traballando na compañía.

A empresa de montaxe xa mantivo unha xuntanza coa dirección da compañía. Na reunión chegouse a un principio de acordo que non se materializou. Ante isto, vénse na obriga de ir á folga indefinida. Na defensa do seu dereito a ter uns contratos indefinidos comezan hoxe un calendario de mobilizacións. Decidirán sobre a marcha os días, as horas de paro e os lugares onde se concentrarán.

Sociedade