Os traballos que poucos lembran

Os traballos que poucos lembran
01 de Xaneiro, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vintecinco persoas cursan o mestrado de Museos, Bibliotecas e Arquivos Históricos que se imparte no campus de Ferrol. Trátase dunha titulación consolidada e única por reunir nun só título as tres especialidades. A súa matrícula situase nos 590 euros. Os estudantes deben realizar prácticas externas durante un mes.

Luz Castro. Profesora do mestrado de videocontos na UDC

Para o coordenador do mestrado Juan Luis Montero, a Xunta de Galicia cometeu un grave erro ao eliminar a titulación de Humanidades en Ferrol. O estudo, xestión, conservación e difusión da herdanza cultural é fundamental para o futuro da humanidade. Non se pode vivir sen cultura. A administración pública debe velar polos estudos orientados á cultura, é o que fai de nós seres racionais, críticos e eticamente comprometidos.

Este é o único máster universitario no panorama nacional que aúna as especialidades de Museos, Bibliotecas e Arquivos históricos e está enfocado e dirixido a todos os graduados e licenciados en Artes, Humanidades, e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Caracterízase pola sua interdisciplinariedade, a súa innovación científica e a aposta pola mellora do capital humano. Buscan que se volva recoñecer a unha figura que lentamente foi sustituida por aparellos electrónicos que, a pesar de ser moi eficaces, non poden remplazar a unha persoa formada e cualificada para esas labores.

“Estamos nun mundo cada vez máis interactivo que xa non consiste soamente en reunir excelentes pezas de arte nun local pechado; o concepto de patrimonio estendeuse saltando as barreiras do denominado histórico-artístico coa clásica división entre material e inmaterial.” din dende a Universidade da Coruña na carta de presentación destes estudos. Inciden na importancia da formación e sentencian que, con este mestrado, quedan cubertas todas as necesidades e incluso curiosidades de todos aqueles que prentender orientar a súa vida laboral neste ámbito.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora