Os tres grupos coinciden en que Juárez debe volver ao Parlamento para revisar o balance dos lumes

Os tres grupos coinciden en que Juárez debe volver ao Parlamento para revisar o balance dos lumes

23 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Agora que o lume comeza a apagarse e os prognósticos meteorolóxicos apostan pola entrada paulatina da borrasca, chega o momento de revisar o balance da campaña de loita contra os incendios forestais que, cando hai tres semanas o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, comparecía no Parlamento, semellaba satisfactorio. Daquela, a superficie de monte arrasado resultaba inferior á media dos últimos dez anos, pero co que non se contaba era que o peor do ver&aa

A deputada do Partido Popular, Emma Álvarez, pide que se evite a “demagoxia” no debate político arredor dos lumes e fai un chamamento á unión das forzas parlamentarias e a sociedade. Coida que, antes de entrar en discusión, cómpre establecer que o problema son os incendiarios, e non tanto a disposición dos medios de extinción ou as políticas de prevención no monte. Ademais, Álvarez teima na tese oficial da Xunta de que na súa práctica totalidade, unha porcentaxe próxima ao 90 por cento, os lumes forestais son intencionados. O dato xustificaríase na multiplicidade de focos nunha mesma zona e nos lumes xerados de noite en zonas de difícil acceso, malia que o xornal El País publicou partes internos do Goberno que rebaixarían a porcentaxe de focos provocados case á metade.

A voceira de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego explicou en Radiofusiòn que estivo visitando zonas afectadas polos incendios, onde veu a veciños e a militares traballando para extinguir os lumes, pero non a brigadas da Xunta, porque estaban “desmanteladas”. Gallego critica con dureza a política informativa oficial arredor do lume, xa que a Xunta non informa nunca dos incendios de menos de 20 hectáreas nin daqueles ós que non envía efectivos. Ademais, o  apagón informativo estenderíase tamén aso medios públicos, un caso levado ao extremo pola TVG, afirma.

Se o Gonberno pensa que o incremento puntual das contratacións nos servizos antiincendios contribuiría a alimentar a promover a chamada “economía do lume”, aumentando a actividade delictiva, entón precísase unha política forestal anual, xestionada desde Seaga. Así o formula a deputada nacionalista Tareixa Paz, quen cualifica de “irresponsable” a actuación do conselleiro Juárez cando deu a entender en setembro que o dispositivo estaba desmantelado e, polo tanto, había menos vixilancia. Isto estimularía aos incendiarios, asegura. Ademais, Paz dá as grazas de que ademais da seca non se dese vento de nordés durante as últimas semanas, o cal tería multiplicado a magnitude do desastre.  

Sociedade