Os Veciños de Gabriel Tizón

Os Veciños de Gabriel Tizón

05 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Cultural Columba organiza a exposición titulada Veciños, con  fotografías de Gabriel Tizón. O acto inaugurarase o vindeiro domingo 8 de maio no Local Social de Covas (Ferrol) ás 18:00 horas e permanecerá aberta ata o domingo 15 deste mes.

A exposición consta de fotografías en branco e negro de 70 cm X 50 cm, de varios veciños da nosa parroquia, coas que se pretende facer unha homenaxe os nosos maiores.  Segundo o autor, Gabriel Tizón son “retratos dos anciáns de Covas, a aldea onde me criei. O obxectivo deste traballo é realizar unha exposición que permanecerá para sempre no centro cultural do pobo. Unha pequena homenaxe a esta xente anónima que tantos valores nos teñen ensinado”.

Sociedade