Os veciños de San Valentín contra FENOSA

Os veciños de San Valentín contra FENOSA

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os veciños de San Valentín reúnense en asamblea para tratar sobre colocación dos ascensores nos bloques. As 7,30 da tarde na Praza do 10 de Marzo reuniránse para falar das esixencias de Fenosa de abonar eles os gastos do reforzo da liña que suministrará a enerxia suficiente para que os elevadores se poñan en marcha.

Uns 240 veciños están afectados polo problema. Os ánimos contra a empresa eléctrica están tan enervados que non descartan convocar movilizacións na xuntanza desta tarde. Esta mañán soubemos da xenreira veciñal en radiofusion pola presencia dunha comisión que falou no nome dos afectados. Retan a Fenosa a sentarse a falar con eles.Non entenden porqué a empresa lles esixe que paguen a liña cando dende o ano 1970 ata o 2009 non reformou nada o servicio no barrio.O sacrificio realizado polos veciños que decidiron colocar os ascensores nos bloques foi tremento, moitos vironse obrigados a pedir créditos para facer frente aos gastos.

 

Ademais engaden un problema social, o dos veciños con problemas de movilidade que non poden apenas sair do piso se non teñen ascensor. O proceso da colocacion dos ascensores en San Valentín empezou hai dous anos. A dia de hoxe , 16 ascensores xa están instalados e catro máis están no proceso. Queren poñelos a funcionar e se encontran agora con esta pega de Fenosa. Xaime Iglesias, como portavoz dos afectados, tamén pediu a implicación do concello. Os propios veciños pagaron a instalación que lles supuxo 9.300 euros a cada familia. Fenosa recomendou reforzar a potencia, outro investimento do que se teñen que facer cargo os veciños. Agardan que a empresa eléctrica lles envíe a estimación económica que ía enviar a mediados de maio.

Sociedade