Os ventos troixeron a Fuxan a Ferrol

Os ventos troixeron a Fuxan a Ferrol

26 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os ventos e a petición popular. Onte á noite unha das compoñentes de Fuxan os ventos agradeceu publicamente á concelleira de festas, Beatriz Sestayo, que elexiran ao grupo para formar parte das Festas de Verán. Foi a anécdota da noite, na Praza de Armas, porque Tereixa Novo trabucouse e agradeceu ao concello de “Santiago” o convite. Logo desfíxose en disculpas para coa edil Beatriz que se encontraba entre o público nas primeira f

Quixeron participar uns “rebeldes sen causa” en primeira fila que a punto estiveron de estragar o disfrute da noite pero logo “reflexionaron” e acabaron disfrutando tamén.  O espectáculo ofrecido por Fuxan os ventos en Ferrol “Terra de soños” ten detrás a experiencia de Xosé Lois Romero facendo os arranxos musicais e iso dalle corpo á nova imaxe de Fuxan. Os bailaríns de Nova Galega de Danza ou a intervención de Xavier Díaz, os bailes que se marcan sobre o escenario dous dos cantantes ou o vídeo que se proxecta de fondo coas opinións de xente como Darío Xoan Cabana, dan moita vida ao espectáculo.  Pero no fondo seguen sendo os mesmos de hai vinte anos porque as cancións están aí. Non so encheron a Praza de Armas senón que fixéronnos cantar “un aradiño de pau, un aradiño de pau” Alí cantaban dende Sinde ata Xoan, pasando por Xaime. A sementeira foi o máis do máis.E non digamos cando saíu no fondo do escenario a imaxe dun guapísimo Manuel María e a proxección do documental “O carro” de Xaquín Lourenzo para “ilustrar” precisamente a canción que dí “non canta na chan ninguén, por iso meu carro canta, canta o seu eixo tan ben que a señardade me espanta”. Quedoulles o Lelo.

Sociedade