Os visitantes do Domus participarán na construcción dos seus elementos interactivos

Os visitantes do Domus participarán na construcción dos seus elementos interactivos

25 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A través do "Taller de Manitas", unha experiencia piloto convocada pola Domus, o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas do museo. A construción dunha maqueta da cidade da Coruña cos seus edificios emblemáticos, dun simulador de ondas e tsunamis, dunha maqueta de vivenda sostible, dunha central mixta solar e eólica, ou a construci

O obxectivo desta actividade é fomentar as vocacións científicas e poñer en práctica a capacidade innovadora, así como potenciar que os participantes poñan en práctica a súa creatividade para resolver os problemas que se van presentando. 

Esta experiencia preséntase como un complemento da exposición "Eureka!", sobre ciencia e creatividade producida polos Museos Científicos Coruñeses, e financiada pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). 

Haberá dúas edicións do taller, unha primeira que se celebrará entre marzo e abril, e unha segunda a realizar en abril, maio e xuño. Cada taller terá unha duración de seis sesións dunha hora e media, con sesión os mércores ou os xoves de cada semana. 

Para participar hai que inscribirse previamente no grupo correspondente:

- "Taller de manitas" xuvenil.
- "Taller de manitas" sénior. 

As inscricións deben realizarse a partir do 17 de febreiro no teléfono 981 18 98 40, en horario de 9 a 14 horas, ou a través do correo electrónico teresag@casaciencias.org. indicando nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto. 

Cada taller terá un máximo de 10 participantes. A participación é gratuíta e ao final do mesmo entregarase a cada participante un diploma de asistencia.

Sociedade