Os xenéricos permiten aforrar un 25%

Os xenéricos permiten aforrar un 25%

24 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os medicamentos xenéricos permiten aforrar á administración e aos pacientes arredor do 25% do gasto farmaceútico. As farmacias verán reducir a súa facturación, ainda que comprenden este tipo de medidas na situación económica actual.

Segundo o farmaceútico de San Valentín en Fene Alcorta Picavea, o primeiro ano de receita xeneralizada de xenéricos, afórrase arredor do 25%. Logo os laboratorios reducen os prezos aproximadamente nunha cantidade similar. Esa é a experiencia doutras comunidades nas que se aplicou esta medida.

Esa medida supoñerá unha reducción na facturación das farmacias. Pero en épocas de crise como a actual, tamén os farmaceúticos entenden unha medida desas características. O Parlamento de Galicia aprobou a semana pasada dar luz verde a unha lei para elaborar unha relación de fármacos xenéricos que serían os únicos financiados por Sanidade. Cando se aprobe esa normativa, os médicos deberán recetar principios activos, en lugar de especificar a marca do medicamento.

Sociedade