Os Zares amenizan cea baile en Perlío

Os Zares amenizan cea baile en Perlio
20 de Novembro, 2018 - 01:53 h. | Publicada por Radio Fene

Os Zares amenizan este sábado unha cea baile no Círculo de Perlío. Celébranse os cincuenta e nove anos de vida da entidade. O menú estará composto por: Lagostinos á prancha, solombo ibérico, sobremesa, viño, café e chupitos. O prezo por comensal será de 15 euros para os socios e 30 euros para os non socios.

Os Zares preséntanse coa voz de Xosé Saavedra

O servizo de catering será proporcionado polo Restaurante Mundial e será imprescindible reservar praza previamente para poder asistir. Reserva de prazas até o Xoves 22 de novembro nos teléfonos 981.340.283 ? 609.830.534, o correo electrónico info@circuloperlio.es ou no ambigú da sociedade (rúa San Salvador 12). A cada persoa socia que acuda á velada faráselle entrega do primeiro volume da historia do Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío. A cea baile comezará este sábado ás nove e media da noite.

Cultura

Publica o teu comentario agora