Os Zares no Inferniño

Os Zares no Inferniño
20 de Maio, 2020 - 08:49 h. | Publicada por Radio Fene

Juan Guillermo Vargas formou parte dos Zares, coñecido grupo musical que arrufou moitas festas e bailes. Foi o grupo de moda na comarca de Ferrol entre 1968 e 1971. Por toda a volta, Os Zares tiñan o seu público. As veladas musicais eran fundamentalmente os domingos pola tarde. Juangui lembra os bailes no Atenas en Ferrol, e no local do Inferniño.

ESCOITA O PODCAST:
Carlos e Wenceslao do grupo Os Zares, con Pitusa Arias e Sergio Noche

Os Zares actuaron por primeira vez nas festas de Leiro en Miño no verán de 1968. Eran os tempos da onda ye-ye. O conxunto tiña un caché que rondaba as cinco mil pesetas, trinta euros de hoxe, ainda que cada compoñente recibia unhas duascentas pesetas de gratificación, algo máis dun euro. Eran Jesus Rodriguez Curros “Suso” como cantante, Luis, guitarra solista, Wenceslao rítmica, Juané baixo e Manolo bateria. Axiña se sumarían Carlos e Juangui. En realidade, todo naceu en Astano, pero medrou ao calor do boom da sala Perla de Perlío.

Sociedade

Publica o teu comentario agora