Oscar Calvo, gañador do XII Certame de cartas de amor de Radio Fene

Oscar Calvo, gañador do XII Certame de cartas de amor de Radio Fene

13 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O veciño de Fene Oscar Calvo Cordal resultou gañador do XII Certame de Cartas de Amor de Radio Fene. Decidiuno así por unanimidade o xurado integrado pola bibliotecaria Sonia Iglesias e os concelleiros Carmen Silvar, Manuel Sánchez e Manuel Pico. Actuou como secretario con voz e sen voto Henrique Sanfiz. O xurado valorou a descrición da sensación amorosa que se realiza na carta gañadora, sen exceso de metáforas literarias, pero cun detallado rela

O gañador podeŕa gozar dunha cea e da estancia dunha noite para 2 persoas no Parador de Turismo de Ferrol. O xurado destacou a variedade temática das cartas presentadas ao concurso, con "amores e desamores de parellas" pero tamén "o amor por unha irmá que padece un cancro", ou o sentimeto que provoca unha nai coa enfermidade do Alzheimer. As misivas presentáronse "elaboradas no ordenador pero tamén feitas a mán". Igualmente concurriron persoas que expoñían a súa experiencia vital ou o amor na etapa da madurez.

Oscar Calvo suma así o seu nome aos de Emma Pedreira, Adela del Río, Xosé Montero, Dolores Couceiro, Emilio Ontañón, Francisco Maceira, Alicia Fernández Rodriguez, Pablo Jablonski e Jorge Melero, gañadores deste certame que se fai coincidir co 14 de febreiro, Dia de San Valentín, patrono dos namorados.

Fragmento da carta gañadora:

"Xuntos rimos e choramos. Facemos gozar un ao outro pero tamén sufrir. Sufro cando te enfadas comigo, ainda que adoro a expresión da túa cara. Sufro cando me enfado contigo, ainda que me reconforta a túa tristura e laio porque fagamos as paces. Din que o amor é así, un sentimento fermoso, pero que fai sufrir. Mais contigo, calquera sufrimento ten amaño. Os teus brazos son o meu mellor escudo, entre eles non existe o medo, nin as preocupacións. Por iso sempre che digo que, pase o que pase, veña o que veña, ti só abrázame, por favor.
Quizais sexa isto o que chaman amor. Eu, porén, chamariao vida. Vida porque xamais me sentín viva que cando souben que te amaba. Vida porque, nese momento, comprendín que todo o anterior non fora máis que o camiño para chegar a ti. Vida porque xa non concibo a miña existencia sen terte ao meu lado. Vida porque sei que, se me faltas, ainda que exista, estarei morta."

Fene, a 13 de febreiro do 2011.

Cultura