Ou acabamos co capitalismo ou o capitalismo acaba coa humanidade

Ou acabamos co capitalismo ou o capitalismo acaba coa humanidade

29 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

"Hai que enterrar o modelo neoliberal porque choca frontalmente coas esixencias para frear o cambio climático" afirma a xornalista canadiense Naomí Klein. A defensa dos servizos sociais, educación e sanidade pública debe dar un paso adiante e sumar a esixencia de reducir o cambio climático,  segundo indica o xornal dixital Praz

A xornalista, escritora e activista canadense Naomi Klein vén de presentar esta semana en Madrid e Barcelona o seu novo libro, Esto lo cambia todo: el capitalismo contra el clima (Paidós, 2015), un chamamento á unión dos movementos sociais en defensa do concepto de "xustiza climática", unha aposta declarada polas enerxías renovables e a xeoinxeniería e a enésima alerta sobre os riscos que supón o aumento de temperatura no planeta, ante o que é necesario a actuación inmediata por parte da clase política a nivel internacional.

 "Se seguimos como ata agora, imos camiño ao desastre pois nos atoparemos con temperaturas de entre catro e cinco graos por riba dos niveis preindustriais nun mundo no que soamente o aumento dun grao xa supón un gran perigo" -incide-. "Non sabemos como será o cambio, pero é seguro que non será compatible cunha sociedade organizada".

O novo volume de Naomi Klein insiste na necesidade de crear unha sociedade democrática máis xusta, ante un sistema económico que non é compatible cos obxectivos na redución de emisións. "Hai que enterrar o modelo neoliberal porque choca frontalmente coas esixencias para frear o cambio climático". Por iso -asevera-, a mobilización é importante: "Necesitamos verdades poderosas que anulen as mentiras do capitalismo".

Sociedade