Ourense asina o convenio de mellora da rede da auga

Ourense asina o convenio de mellora da rede da auga

04 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O concello de Ourense e a firma AcuaNorte asinarán mañá, día 5 de decembro, o convenio previo á licitación das obras de mellora de abastecemento de auga na cidade de As Burgas. A ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, Elena Espinosa, desprazaráse á capital ourensá para presidir o acto de sinatura que se terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense ás once da mañá.

A sinatura do acordo levouse a cabo entre o presidente  de AcuaNorte, Jorge Martínez, e o alcalde de ourense, Francisco Rodríguez.

O convenio asinado hoxe vai permitir, logo da execución dos traballos proxectados, que a poboación ourensá conte cun sistema de abastecemento que garanta un suministro de auga de calidade, cumprindo cos parámetros da normativa da Comunidade Europea.

Institucional