Ourense renova o seu compromiso co cinema

Ourense renova o seu compromiso co cinema

15 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Catherine Deneuve, Gerard Depardieu, Federico Luppi, Chloe Sevigny, Ernesto Sevilla, Ricardo Darín, Pilar Punzano, Elsa Pataky, Luís Tosar... Son algúns dos rostros que poderemos ver en pantalla grande, ata o día 23 deste mes de outubro, no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Case duascentas cintas compoñen o programa deste evento, que na súa décimo sexta edición preséntase cun lema que reclama a impl

Entre as 2.000 cintas candidatas a formar parte da sección oficial, seleccionáronse 118 películas, que se dividen entre cinco apartados competitivos: longas, documentais, curtas, animación e novos medios. A escolla inclúe filmes de 45 países diferentes, con importante presenza de propostas chegadas de Europa de Leste e Latinoamérica. Segundo os organizadores do OUFF, trátase de títulos “comprometidos, que ofrecen unha perspectiva real do que ocorre ao noso redor”.

Á sección competitiva engádense varios ciclos temáticos e xeográficos: Igualdade, Comedia, Visións de América Latina, Visións da Europa Atlántica e Panorama Galiza. Asemade, entre as novidades da décimo sexta edición do festival están os encontros co público, que permitirán a comunicación directa entre os espectadores e os persoeiros do cinema que visiten Ourense

Cultura