Outeiro de Rei e Begonte recibirán 223.000 euros procedentes dos PEIM

Outeiro de Rei e Begonte recibirán 223.000 euros procedentes dos PEIM

12 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O titular de Medio Rural, Samuel Juárez, reuniuse co alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, e o primeiro tenente de alcalde de Begonte, Serafín Otero,  na sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo para a firma dos convenios do PEIM 2009-2010, que achegarán a estes dous municipios chairegos 107.000 e 116.307 euros respectivamente. O representante autonómico asinou tamén as axudas para os concellos lugueses de Baleira, Becerreá, C

O obxectivo fundamental dos PEIM, segundo estableceu Juárez é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia. O importe total dos trece convenios asinados hoxe ascende a 1.616.000 euros.

 

 

O propio Juárez considerou que, aínda que este convenio non se fixo baixo o goberno de Núñez Feijóo, as axudas son “moi importantes”, posto que “contribúen a mellorar as condicións de vida no rural, que é o noso obxectivo”. O responsable autonómico tamén adiantou que están preto de acadar un novo acordo co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM) para que os PEIM poidan continuar no ano que ven.

 

O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, cualificou estas axudas como “moi necesarias e pediu ao goberno que amplíen a firma do PEIM ao ano 2011, porque “se ten que recortar gastos que non o fagan no rural, porque é un dos sectores que están peor no país”.

 

Os PEIM Rural 2009-2010 son uns proxectos nos que colaboran o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Consellería do Medio Rural co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural e establecer un marco xeral de cooperación onde se definan as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestructuras rurais.

 

Obxecto e Actuacións

O MARM, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíbel do Medio Rural, comprometeuse a realizar actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais por un importe máximo de 18.000.000 €. Pola súa parte, a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, realizará actuacións de infraestructura rural por un importe máximo de 9.000.000 €.

 

Vixencia do Convenio

A duración deste Convenio de Colaboración ten efecto dende o presente día da súa sinatura até o 31 de decembro do 2010. O órgano encargado de realizar o seguimento de execución e cumprimento das actuacións obxecto do Convenio é a Comisión de Seguimento, integrada por persoas de ámbalas dúas Administracións.

Sociedade