Outono Aquí de Mario Regueira álzase co Premio Lueiro Rey de Novela Curta 2011

Outono Aquí de Mario Regueira álzase co Premio Lueiro Rey de Novela Curta 2011

12 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pasado sábado, e convocado polo Concello do Grove e a Editorial Sotelo Blanco, deuse a coñecer a obra gañadora do Premio Lueiro Rey de Novela Curta 2011. O xurado estivo composto por Armando Requeixo, Manuel Quintáns, Francisco Martínez Bouzas, Ánxela Gracián e máis Chelo Suárez, esta última en calidade de gañadora da anterior convocatoria do galardón. Nesta ocasión

En Outono aquí (que estará nas librerías previsiblemente contra finais de ano) Regueira narra a historia dun reencontro entre dous irmáns orfos. Un deles —o maior, famoso cantante que vive na cidade belga de Gante— sofre unha enfermidade grave e, logo dunha delicada operación, vese obrigado a gardar unha moi longa convalecencia encamado, así que opta por retomar o contacto co seu irmán menor —operario que mora nunha cidade galega—, co que hai anos que non ten maior relación, e decide chamalo cabo si.

O que segue despois é unha intensa trama onde o papel da rememoración dos tempos da infancia e mocidade pasadas se entremestura coas complexas vivencias do presente, nas que o amor, a fidelidade e a xenerosidade alternan co odio, o rancor e a incomprensión creando un fresco de paixóns sostido por uns personaxes magnificamente perfilados e de grande fondura psicolóxica.

Cómpre, pois, felicitar a Mario Regueira, que une o seu nome aos dunha xa longa listaxe de autores e autoras premiados con anterioridade neste certame, un dos máis prestixiosos do seu xénero en Galicia dende que comezara a convocarse vai para dúas décadas.

Cultura