Outro xoves do Naval

Outro xoves do Naval
05 de Marzo, 2020 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

En Navantia Fene quedan só 118 operarios neste momento na empresa, despois das últimas prexubilacións.

ESCOITA O PODCAST:

O sector naval volveu sair á rúa. Os operarios de Navantia Fene manifestáronse polas rúas da localidade reclamando carga de traballo nos estaleiros. As manifestacións saíron simultaneamente ás 10,30h,  tanto en Ferrol como en Fene. O rexuvenecemento do plantel é outra das reclamacións sindicais, en palabras da presidenta do comité de empresa de Fene, Adela López. Aínda que Fene ten de momento carga na eólica mariña e jakets para fabricar, tamén queren ver as gradas ocupadas.Foi este o terceiro "Xoves do Naval".

(A imaxe da manifestación esta mañá, pola Avenida do Concello de Fene, evidénciase o escueto plantel do estaleiro fenés).

Sociedade

Publica o teu comentario agora