A pérgola da lembranza, da solidariedade e da esperanza

A pérgola da lembranza, da solidariedade e da esperanza

24 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Se hoxe todas as bágoas derramadas quixesen os home converter en rosas habería pérgolas, e non as foxas e sobre elas esperanzas renovadoras”. Reza así a inscripción da estatura de Sofía Piñeiro que se atopa nos xardíns da igrexa de San Francisco de Ferrol en homenaxe ás vítimas de xénero. Uns versos da poeta ferrolá, Juana Corsina, en lembranza das mulleres mortas como consecuencia da violencia machista.

A concelleira da área da Muller de Ferrol, María López, presidiu a comitiva que ás 11,30 desta mañán prantou sete rosas en memoria das sete mulleres, asasinadas polas suas parellas neste mes de setembro. Na pérgola instalada nos xardíns de San Francisco polo concello ferrolán a fin de representar alí a repulsa pola violencia machista, celébrase cada último venres de mes un acto como o desta mañán.

Tras este acto levouse a cabo, ás doce do mediodía diante do concello de Ferrol, unha concentración en repulsa a esta lacra social e en solidariedade coas vítimas as súas familias. A presidenta da Asociación de Fibromialxia e Fátiga Crónica (AFINOR), Monserrat Porto, leu unha carta onde nomeou a todas as mulleres asasinadas ao longo deste mes. Unha mensaxe cargada de emotividade.

Unha vez rematada a lectura gardáronse dous minutos de silencio aos que lle seguiron o aplauso unánime de todos os alí concentrados.

Sociedade