Pésame ás familias dos irmáns afogados onte

O Alcalde de Fene da o pésame no nome da Corporación municipal.
01 de Abril, 2019 - 11:18 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene transmitiu o seu pesar e o da corporación municipal ás familias dos dous irmáns veciños de fene que faleceron onte nun tráxico suceso. Abelardo e Luís Angel Vieito serán enterrados ás cinco no cemiterio municipal de Fene. Un funeral celebrarase despois na igrexa parroquial de Barallobre.

ESCOITA O PODCAST:

O alcalde de Fene transmitiu esta mañá a través de Radio Fene o pésame ás familias dos dous veciños do municipio afogados onte nas inmediacións do cabo Prioriño cando estaban pesacando. Un suceso calificado de dramático por Gumersindo Galego, quen en nome da corporación municipal amosou o pesar dos representantes municipais por este suceso. Fíxoo no transcurso do pleno extraordinario celebrado esta mesma mañá.

Pleno extraordinario do sorteo para as mesas electorias.

Na sesión plenaria, convocada ás 9.30h, sortearonse os membros das mesas electorais con motivo das eleccións a Cortes do 28 de abril. O sorteo dos presidentes e vocais das diferentes mesas, así coma os dos seus suplentes, realizouse entre todas as persoas incluídas na listaxe de electores da mesa correspondente. Os requisitos para formar parte das mesas son saber ler e escribir e ser menor de setenta anos. Os presidentes deben ter o título de bacharelato ou o de formación profesional de segundo grao, ou subsidiariamente o de graduado escolar. Unha vez celebrado o sorteo, o concello enviaralles comunicación persoal por correo a cada unha das persoas elexidas a través dun sistema informático.

Institucional

Publica o teu comentario agora