Pódcast para emprendedoras

Pódcast para emprendedoras
23 de Outubro, 2022 - 09:24 h. | Publicada por Radio Estrada

A Asociación de Mulleres Rurais de A Estrada e a cooperativa Camiño Circular asísten ao curso de pódcast de Radiofusión dentro do proxecto Onda Ods. O locutor de Radio Estrada Pablo García imparte a formación nos locais da Fundación Cultural da localidade.

Radio Estrada

O Proxecto Onda ODS, no que participan máis de 300 medios locais de todo o Estado, e do que forma parte Radio Estrada, arranca este mes de outubro os seus cursos de pódcast. Ademáis de entrevistas, vídeos e cápsulas informativas encamiñadas a sensibilizar á cidadanía e fomentar a reflexión na audiencia arredor dos obxectivos recollidos pola ONU na Axenda 2030, Onda ODS pon o foco na formación con cursos de 15 horas de duración.
Dende o venres 13 de outubro ata o día 11 de novembro, o CEIP San Ramón de Moeche, o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño de Cabanas e a aula multimedia da Fundación Cultural serán o escenario das aprendizaxes
radiofónicas que os alumnos e alumnas recibirán da man dos locutores Susana Falcón (Radiofusión) e Pablo García (Radio Estrada). As claves dunha correcta locución, a redacción, os diferentes textos radiofónicos, así como tamén o
manexo das novas tecnoloxías para crear os seus propios podcast, centrarán boa parte dos contidos que se abordarán neste obradoiro. Ademáis, os participantes neste ciclo de formación gravarán cinco podcast que se poderán
escoitar nas distintas canles de comunicación do proxecto Onda ODS e que serán emitidos por Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora