Pablo Villamar: “A mala xestión do goberno levará ao concello de Narón á quebra”

Pablo Villamar: “A mala xestión do goberno levará ao concello de Narón á quebra”

21 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os veciños da Asociación Veciñal de Chafaris do Alto do Castaño (Narón) están en pé de guerra contra o goberno local ante a deixadez na que se atopa o barrio. Rúas sin rematar e que levan a ninguna parte, grandes edificacións que os afogan, un parque sin rematar, son algunas das queixas veciñais. As súas demandas xa foron presentadas ante a alcaldía que responde con promesas que non ven cumpridas. O voceiro do BNG de Na

Un barrio á deriva. Resúmese deste xeito a situación na que se atopan os veciños da zona da Asociación Chafaris. Un barrio moi perto do concello máis agora coa apertura dunha nova rúa coa que topan directamente coa casa consistorial. Antes ninguén sabía de nós, non sabían da nosa existencia e con este vial, o barrio emprégase como zona de aparcadoiro, ante a falta de estacionamentos no concello, explicou o presidente da asociación, Manuel García. Atópanse con numerosas anomalías, un parque sin inaugurar, cun céspede deporable, postos de alumeado sen funcionar e sistemas de rego sen utilizar. Unha vella demanda da veciñanza que levan solicitando desde hai ano e medio. Outra das irregularidades que denuncian atinxe ao apeadoiro de Feve, que non conta con saída. Rúas que non levan a ningures, o Camiño da Torre semiasfaltado, sin beirarrúas e cos postes eléctricos no medio da calzada, súmanse ás anomalías detectadas.

Pablo Villamar significou o estado actual da rúa do Roxal e a deixadez do apeadoiro, unha infraestructura creada no seu día polo BNG. “Hai que fomentar o transporte público, máis barato e rápido.  Ademais, co uso do mesmo, conectaríase con outra zona do concello, O Pedroso, e coa cidade de Ferrol”, explicou. Os nacionalistas reclamarán a apertura do mesmo. Villamar argumentou que o goberno de Narón está a levar á bancarrota ao concello pola súa mala xestión. 

Os veciños tamén demandan un novo local para a asociación. O actual téñenno en aluguer e nun estado decadente.

Sociedade