Pachi Vázquez: “O manifesto municipal ponlle deberes a Feijóo”

Pachi Vázquez: “O manifesto municipal ponlle deberes a Feijóo”

24 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Un maior compromiso financeiro cos concellos deste país, unha aposta pola obxectividade e a neutralidade, e favorecer a eficacia na xestión local. Estas son as reclamacións que o PSdeG fai á Xunta de Galicia, a través do manifesto sobre política municipal que presentou esta mañá en Santiago de Compostela, no encontro presidido polo secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, no que se deron cita os alcaldes e portavoces socialistas dos concello

Os socialistas evidenciaron o abandono e a discriminación que están a sufrir por parte do Goberno de Feijóo e a súa política partidista, recordando ao titular da Xunta a súa obriga cos alcaldes galegos. O PSdeG pediu á Xunta que deixe de ser o principal adversario dos concellos, que remate definitivamente co financiamento condicionado a través de programas, que suba o 9% da participación dos ingresos da comunidade autónoma e que os distribúa equitativamente.

Asemade, Vázquez recriminou a Feijóo que bloqueara a reforma estatutaria de Galicia, xa que bloquea os recursos económicos para a comunidade, e indicou que o actual presidente da Xunta incrementou nos dous últimos anos un 70% máis a débeda de Galicia. O secretario xeral do PSdeG pediu aos populares que xoguen limpo nas municipais e que non leven nas listas aos tránsfugas.

Sociedade