Pachi Vázquez reclamará a auga de Fene no Parlamento

Pachi Vázquez reclamará a auga de Fene no Parlamento

22 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Pachi Vázquez calificóu de "inxustiza" que o goberno do PP non financie unha obra de interés público e veciñal como o saneamento e acometida de auga ás parroquias menos urbanas de Fene. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vazquez, visitou esta mañá o concello de Fene e co alcalde, Iván Puentes, acudiu á zona do rio Cádavo en Perlío e se entrevistou cos directivos das asociacións veciñais de Magalo

As obras de acometida de auga a Magalofes, San Marcos e zona alta de Sillobre "teñen que facerse porque é de xustiza" segundo declarou Pachi Vázquez diante dos veciños destas parroquias cos que se reuníu ao mediodía.  Él comprometeuse a pedilo a través de iniciativas parlamentarias, mentras que instou aos veciños a recoller firmas ou a movilizarse ata conseguilo. Pachi Vázquez repetiu ata a saciedade que hai que unirse, propósito no que incluíu ao PP de Fene.

Sobre a zona do Río Cádavo en Perlío onde se producen habitualmente inundacións, Vázquez anuncióu que mediará co Ministerio de Medio Ambiente para que a de Fene se inclua no Plan de zonas asulagables de Galicia e adiantou a posibilidade dunha próxima visita da ministra Elena Espinosa a Fene.

Sociedade